Unha doutora formada na EVEGA recibe o premio "joven investigador" da plataforma tecnolóxica do viño


17/12/2020

O día 16 de decembro a Plataforma Tecnolóxica do Viño realizou a entrega da segunda edición dos premios PTV de Innovación e entre o eles o premio a "Joven Investigador", co que foi galardoada a doutora María del Pilar Martínez Diz pola súa tese doutoral titulada “Avances no manexo integrado das enfermidades fúngicas da madeira da vide", realizada na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia baixo a dirección da Dra Emilia Díaz Losada e o Dr. David Gramaje.

Neste traballo tratouse de dar resposta a distintas problemáticas relacionadas co patosistema das enfermidades fúngicas da madeira da vide, mediante, a posta a punto, por vez primeira, de técnicas moleculares punteiras e innovadoras: a PCR dixital, para a mellora da detección de infeccións latentes de fungos asociados a estas enfermidades e, a secuenciación masiva de amplicones, co fin de mostrar a importancia do coñecemento do microbioma da vide no manexo destas patoloxías e de facer recomendacións sobre a épouca de poda.

Estudáronse ademais alternativas sostibles ao uso de funxicidas, como a identificación de cultivares de vide tolerantes á yesca ou o uso de axentes de control biolóxico eficaces contra a “enfermidade de Petri” e o “pé negro” que comprometen a viabilidade do material de propagación e os viñedos recentemente establecidos. A información xerada xa está dispoñible para viveiros e viticultores que queiran reducir a súa dependencia de funxicidas, e os custos asociados ao control destas enfermidades.