CURSO PRÁCTICO: VITICULTURA. TÉCNICAS DE CULTIVO


11/08/2022

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza para os días 30 de agosto ao 25 de novembro un curso práctico sobre VITICULTURA. TÉCNICAS DE CULTIVO.

Esta actividade desenvolverase na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Ponte San Clodio s/n, Leiro - Ourense), en xornada de tarde.

As prazas dispoñibles son 20. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

>> Descargar díptico