Webinar: Uso de lévedos autóctonos para a diferenciación do viño na DOP Ribeiro


09/12/2020

 A Fundación Juana de Vega en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega-Agacal), o Instituto de Ciencias da Vide e o Viño (ICVV) da Rioxa, a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) e as adegas da DOP Ribeiro O´Ventosela e Priorato de Razamonde, levaron a cabo desde 2018 un proxecto de innovación para promover a implantación dunha nova tecnoloxía na produción de viño: a aplicación dun lévedo autóctono que asegure a calidade aromática e a diferenciación do produto final. Nesta xornada presentaranse os resultados finais do mesmo.

A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas co sector vitivinícola galego, fundamentalmente viticultores e adegas.

Tanto o proxecto como esta xornada de divulgación contan coa axuda para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) 2018 da Consellería do Medio Rural a través do Feader.

Máis información e inscrición aquí.