A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 27 de xullo al Workshop do Proxecto VINIOT:”A integración das novas tecnoloxías na viticultura” – Visita Demofarm VINIoT.
Esta actividade desenvolverase no Mosteiro de San Clodio (Estrada a Pazos de San Clodio, s/n (Leiro - Ourense), en xornada de mañá (11:00 a 15:00h). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega. As prazas dispoñibles son 100. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia https://evega.xunta.gal/ e remitirase o formulario cuberto ao correo electrónico viniot.agacal@xunta.gal.A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.