XORNADA TÉCNICA: BOAS PRÁCTICAS NA VITICULTURA SUSTENTABLE


14/11/2022

O vindeiro 23 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) organiza a xornada técnica “BOAS PRÁCTICAS NA VITICULTURA SUSTENTABLE” ao abeiro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022. A dita xornada celebrarase na Aula da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro ubicada na Avda. Redondela nº 3- 3º andar (32400 – Ribadavia).

As prazas dispoñibles son 70 e o prazo de inscrición remata o 21 de novembro de 2022 ou si se esgotan as prazas. Pode descargar o díptico e a solicitude na páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (https://evega.xunta.gal/) ou na páxina da Consellería de Medio Rural (Anexo G) (https://mediorural.xunta.gal/es/temas/formacion/transferencia-tecnoloxica/plan-de-transferencia-tecnoloxica-2022)

O formulario remitirase cuberto ao correo electrónico evega.medio-rural@xunta.gal. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición