XORNADA TÉCNICA: NOVAS APORTACIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA GALEGA


13/07/2022

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 27 de xullo un taller práctico sobre “NOVAS APORTACIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA GALEGA”.

Esta actividade desenvolverase no Mosteiro de San Clodio (Estrada a Pazos de San Clodio, s/n (Leiro - Ourense), en xornada de mañá (9:00 a 11:00h). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 100. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia https://evega.xunta.gal/ e remitirase o formulario cuberto ao correo electrónico viniot.agacal@xunta.gal.A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición