mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

III SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

III SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA
29/05/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), xunto coa Deputación Provincial de Ourense organizan, entre os días 5 e 7 de xuño de 2019, a III SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense.

Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas (que requiren inscrición previa) con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral (con entrada libre).

No mesmo colaboran o Concello de Ourense, o Concello de Celanova, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Para máis información xúntase o programa xeral do evento:

>> Tríptico da III SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

Todas as actividades son de balde. A inscrición formalizarase a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) cubrindo a folla correspondente á actividade que se desexa e remitíndoa vía correo electrónico (evega.medio-rural@xunta.gal)

As actividades que SI precisan unha inscrición previa para poder asistir son as que de describen de seguido.

XORNADA TÉCNICA: O RURAL OURENSÁN: UN MUNDO DE CALIDADE. RETOS E OPORTUNIDADES

Data: 5 de xuño de 2019
Lugar: Sala dos Arcos. Casa do Concello de Celanova, en xornada de mañá.

Horario: de 9:00 a 14:00

Obxectivos: Achegarnos un pouco máis á realidade do rural ourensán así como coñecer máis de preto as nosas potencialidades dende o punto de vista do tecido agroalimentario.

As prazas dispoñibles son 40. O prazo de inscrición rematará o día 3 de xuño agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Díptico da XORNADA

>> Folla de inscrición para a XORNADA

TALLER PRÁCTICO: AS FERRAMENTAS PARA A COMUNICACIÓN DIXITAL

Data: 7 de xuño de 2019
Lugar: Centro tecnolóxico La Molinera (Rúa do Abrevadeiro, nº 1 – Ourense)

Horario: de 9:00 a 14:00

Obxectivos: Coñecer as vantaxes do uso das TIC´s e as súas aplicación ao márketing dixital. Aprender a elaborar contidos con textos e imaxes para mellorar o posicionamento nas redes

As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 5 de xuño agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Díptico do TALLER USO DAS TIC

>> Folla de inscrición para TALLER USO DAS TIC

As actividades que NON precisan unha inscrición previa para poder asistir son as que de describen de seguido.

MESA-FALADOIRO: AS MULLERES DO VIÑO: EXPERIENCIAS GALEGAS

Mércores, 5 de xuño de 2019
De 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Presentación da actividade: Susana López Abella. Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

As mulleres do viño. Experiencias galegas
Relatoras: Xulia Mar Bande Pivida. Adega Xulia Mar Bande Pivida.
Mónica Albor López. Adega Mónica Albor López.
Iria Otero Mazoy. Adega Iria Otero Mazoy

Cata comentada de viños das adegas participantes.

MESA-FALADOIRO: OS ESCUMOSOS GALEGOS. EXPERIENCIAS E INNOVACIÓNS

Xoves, 6 de xuño de 2019
De 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Presentación da actividade: Rosendo Luis Fernández Fernández. Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.

Os escumosos galegos: experiencias e innovacións
Relatores: Manuel Castro González. Adega Viña Costeira.
Rogelio Moral Calvo. Adega Roandi S. L.
José Simón Ferro. Adega As Laxas S. A.

Cata comentada de escumosos das adegas participantes

MESA-FALADOIRO: O TOSTADO DO RIBEIRO. EXPERIENCIAS E INNOVACIÓNS

Venres, 7 de xuño de 2019
De 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Presentación da actividade: Juan Manuel Casares Gándara. Presidente do CRDO Ribeiro.

O Tostado do Ribeiro. experiencias e innovacións
Relatores: Antonio Míguez Amil. Adega Bernardo Estévez Villar.
Marcos C. Souto. Adegas Campante S. A.
Ramón Álvarez Bueno. Adega Cooperativa San Roque “Terra do Castelo”.

Cata comentada de Tostados das adegas participantes

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER