mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Presentación do viño Godeval Revival, colaboración entre as Adegas Godeval e a Evega

Conselleira de Medio Rural e Mar na presentación do viño Godeval Revival
17/06/2015

O pasado luns día 15 de xuño presentouse o viño Godeval Revival das Adegas Godeval. O dito viño é produto dun proxecto de investigación da adega en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia con base na ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

Durante o evento, a conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, salientou que ao longo dos últimos anos, a Xunta investiu máis de sete millóns de euros en axudas para a investigación no eido da produción vinícola en Galicia. Como resultado, un total de 75 empresas foron beneficiarias deste investimento.

A conselleira tamén quixo dedicar unhas palabras ao labor da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, EVEGA. Este centro leva apoiando ao sector vinícola galego máis de tres décadas a través de proxectos de investigación e estudos. Para Rosa Quintana, a colaboración da EVEGA co sector é “unha obriga” e “unha devoción” que ten como resultado a “consecución de viños mellores, produto de estudo, da innovación e do traballo e visión de futuro”.

O director da EVEGA, Juan Manuel Casares, fixo fincapé na necesidade de buscar innovar para mellorar pero tendo en conta que “consiste en mellorar o que xa sabemos facer, é dicir, a tradición renovada e adaptada aos tempos”. Coa investigación levada a cabo durante dous anos entre Godeval e a EVEGA destacou que “melloramos as características do viño de godello tradicionalmente producido polas Adegas Godeval”. Juan Casares tamén recordou o traballo de recuperación da variedade, a través do proxecto REVIVAL dos anos 70 e ao que o viño rende homenaxe co seu nome.

O proxecto REVIVAL tamén foi base das palabras do enólogo e responsable del proxecto, José Luis Bartolomé quen fixo alusión “ao traballo de todo ao sector vitícola de Valdeorras que foron responsables de recuperar a variedade godello para Valdeorras e para o resto do mundo”.

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER