mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Relatorios das xornadas “Os viños de garda. A utilización de diferentes madeiras para a súa crianza”

12/02/2016

A instancias de Jaime Martínez Baz, e coma complemento dos relatorios desenvolvidos nas xornadas técnicas Actualidade enolóxica, celebradas o pasado 10 de decembro en Casal de Armán (Ribadavia), poñemos ao seu dispor un modelo-exemplo de libro para adegas, a título simplemente ilustrativo e polo tanto suxeito á adaptación de cada adega segundo as súas circunstancias particulares.

Están ao seu dispor para descargar os relatorios de:

  • Emilia Díaz Losada, Tecnóloga da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, que desenvolveu un relatorio no que fixo unha análise polo miúdo da potencialidade das castes autóctonas galegas para elaborar viños de garda.
  • Juana Martínez García, investigadora do Centro de Investigación e Desarrollo Agrario da Rioxa, que falou das distintas especies de carballo e outras madeiras para a elaboración de viños de garda, facendo fincapé nas súas características aromáticas.
  • Ernesto Franco Aladrén,Investigador do centro de Transferencia Agroalimentario do Goberno de Aragón, que desenvolveu as diferenzas entre os viños criados en barrica e aqueloutros nos que se utilizaron chips de madeira. Asemade presentou datos de estudos feitos no marco do GETEVE.
  • Pablo Vila Lameiro, profesor do Departamento de Enxeñería agroforestal da USC, que explicou as experiencias desenvolvidas no seu departamento con carballo galego para garda de viños.
  • Alfonso Losada Quiroga (xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e Ignacio Orriols Fernández (Ex-director da EVEGA e doutor en Ciencias Químicas), que presentaron datos de distintas experiencias desenvolvidas na EVEGA sobre garda de viños con distintas especiaes de carballo.

>> Ir a sección Relatorios

>> Descargar exemplo libro corto

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER