Treixadura

Dicir Treixadura é dicir Ribeiro. E dicir Ribeiro é dicir Ourense. Ourense é viño e máis. Catro das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia están en territorio ou- rensán. Tamén a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), á que agradezo a súa invitación para participar neste monográfico. Agradecemento e recoñecemento a un centro de investigación clave no noso I+D+i, permítanme, tamén na nosa iden- tidade como país. Grazas EVEGA, grazas Juan Casares, polo impulso e compromiso con esta terra e coa súa rica historia, cuxas mellores páxinas están por escribir. Grazas a viticultores, empresarios, consumidores, vedores, administracións e enti- dades privadas. Un sector que coñezo desde a miña etapa con responsabilidades como delegado en Ourense da entón Consellería de Agricultura, Gandaría e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia. Ourense é a provincia termal, unha provincia con lindeiro internacional con Portugal, un territorio con traxectoria de traballo, creatividade e emigración. A porta de Galicia á alta velocidade ferroviaria, un espazo ambicioso con liderado nacional e interna- cional en campos como a moda, a tecnoloxía, a lousa ou esa grande despensa que representa o noso sector agroalimentario. Ourense conta cun goberno provincial consciente do noso potencial, asumindo os retos que este territorio ten no século XXI, desafíos que pasan por consolidar unha economía baseada en gran parte no atractivo incuestionable de produtos de primeira calidade. Exemplos dese compromiso son a nosa axuda anual aos consellos reguladores, con- templada ab initio nos orzamentos da Institución. Tamén, no caso da denominación de orixe Ribeiro, apostar en 2019 por un plan estratéxico que fixará a súa folla de ruta. Aí a Treixadura cobra o protagonismo que merece. O protagonismo de Ourense. Manuel Baltar Presidente da Deputación de Ourense

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==