Treixadura

6 A Treixadura A Treixadura é unha variedade de cultivo tradi- cional de Galicia, característica da comarca do Ribeiro. O seu cultivo expándese ao longo do Miño, dende a Ribeira Sacra ata O Rosal. Coñecida como “Trajadura” na literatura antiga, e como tal coñécese en Portugal, aínda que nalgunhas zonas tamén a denominan “Trinca- dente”. Non se coñecen moitas sinonimias desta variedade. García de los Salmones (1908) cita a sinonimia “Verdelho Rubio” na provincia de Lugo. A día de hoxe estamos lonxe de coñecer as orixes xenéticas das variedades galegas, pero temos a certeza de que existen polo menos dous grupos xenéticos moi diferenciados, un que agrupa as variedades cultivadas fundamental- mente no oeste da rexión e outro que inclúe as variedades cultivadas no leste, entre as que se encontra a Treixadura. Tamén se coñece o seu parentesco coa variedade portuguesa “Batoca”, presente na colección de variedades de vides da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia baixo o nome de Treixadura Francesa. FOLLA ADULTA: FACE FOLLA NOVA: FACE ACIO Mosto de Treixadura á saída da prensa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==