Treixadura
7 Esta variedade está recoñecida coa categoría de recomendada en todas as denominacións de orixe galegas. Representa xunto co Albariño e o Godello unha das variedades máis salientables dos viños brancos galegos. Descrición morfolóxica O pámpano novo presenta a extremidade aber- ta con peluxe tombada de densidade media. A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade baixa. A folla adulta presenta forma pentagonal con cinco lóbulos, con peluxe tom- bada no envés do limbo; os dentes son convexos ou rectilíneos; e o seo peciolar e os seos laterais son abertos. Os acios son cónicos con lonxitude, largura e compacidade media, e con presenza de unha ou dúas ás. Os bagos son elípticos, de tamaño me- dio e de cor verde-amarela que adquiren unha cor dourada cando quedan expostos ao sol. Fenoloxía As distintas condicións meteorolóxicas nas distintas localidades ou as prácticas culturais aplicadas no viñedo poden explicar un desigual comportamento fenolóxico da variedade, o mes- mo que as variacións interanuais poden deter- minar modificacións na secuencia fenolóxica. A duración do ciclo fenolóxico é superior a 140 días (arredor de 170 días entre o agromo e a maduración), polo que se considera unha va- riedade de agromo e maduración tardía, entre quince ou vinte días despois de Chasselas, va- riedade utilizada como referencia neste tipo de estudos. Cando a comparamos con outras varie- dades cultivadas na nosa rexión, pódese consi- derar de ciclo medio, con maduración posterior ao Albariño e ao Godello e anterior á Loureira. O agromo ten lugar na segunda semana de marzo, a floración na primeira semana de xuño e a ma- duración a mediados de setembro. Ao ser unha variedade tardía é máis sensible á altitude. En viñas en costa ben situadas, con pro- ducións moderadas, acada boas maduracións. Ben se aprecia unha tendencia xeral a un caída da acidez, obrigando a correccións enolóxicas ou ben a realización de coupages con outras brancas de maior acidez; polo tanto, as aplica- cións foliares de base potásica para favorecer a maduración poden estar contraindicadas por coadxuvar nesta baixada de acideces. O cultivo É unha variedade de produtividade moderada de entre 12.000 a 15.000 tm/ha, de baixa fertilida- de e elevado vigor. A fertilización, a adecuación dos portaenxertos e a elección dos clons están aumentando a produtividade desta variedade, sobre todo cando se cultiva en terreos fértiles, que fan que o tamaño e a compacidade dos acios aumente. Os acios son máis compactos, con bagos máis grandes, apertados e de pel máis fina, e polo tanto máis susceptibles á po- dremia en vendimas con choivas. A elección do portaenxertos vén condicionada non só pola variedade senón tamén, entre ou- tros factores, pola adaptación ás características particulares do terreo, pola súa aptitude para re- ducir e controlar o vigor, ou polo efecto que pro- ducirá na maduración dos acios. É de mencionar que no caso concreto das variedades vigorosas, como Treixadura, enxertadas sobre portaenxer- tos tamén vigorosos e en solos fértiles, poden aparecer resultados indesexables como os “co- rrementos de flor”. Non é especialmente máis sensible que outras a principais enfermidades que afectan os viñe- dos galegos. Sensible ao mildio e algo menos ao oídio e Black rot; pola compacidade dos seus acios pódese ver afectada pola Botrytis cinerea .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==