Treixadura

8 Cando o microclima o propicia tamén é sensible á couza do acio e á cochinilla do melazo. Debe de cultivarse en ladeiras de montaña so- leadas e protexidas do norte para evitar o corre- mento. Algunhas publicacións establecen como límite para o cultivo da Treixadura altitudes de 300 m e un índice de Huglin mínimo de 2000; con valores inferiores, a maduración non será suficiente, pero tampouco interesa situala en lugares cun índice de Huglin moi superior xa que a maduración será moi temperá e baixo o efecto de temperaturas comparativamente elevadas, o que reducirá o seu potencial aromático. Se ben é preciso unha análise detallada de cada zona pois son moi variables as condicións microclimáticas dos vales dos nosos ríos, facendo posible o seu cultivo. A densidade de plantación, o sistema de con- dución, a formación ou arquitectura da planta teñen como finalidade a obtención dun equilibrio entre o sistema radicular e a vexetación para ob- ter producións de calidade. O sistema de condución tradicional na varie- dade Treixadura son os vasos altos, de 65 a 80 cm, con apoio en estacas e poda da vara cun número variable de xemas. Estas formas estanse modificando e adaptando á condución en espalleres, con formación en Guyot ou en cordón, máis adaptadas á mecanización e de fácil manexo. A altura da parede foliar para conseguir un bo equilibrio da vexetación ten de ter como mínimo un 80% de altura en relación ao largo das filas. Para largos da fila de 2 m a altura da parede foliar ha de ser de 1,60 m. Paredes máis baixas, sobre todo en terreos fértiles, obrigarán a facer un maior número de despuntes, producindo un excesivo desenvolvemento dos netos. Sempre que a orografía do terreo o permita a orientación das filas do espaller será N-S cun lixeiro desvío NE-SW, naquelas zonas nas que as temperaturas superen con frecuencia os 30 °C, conseguindo que non se produza unha acción directa do sol sobre a parede foliar nas horas de máis calor; en zonas con veráns máis frescos unha orientación N-S con lixeiro desvío NW-SE será a máis axeitada. As formacións en Guyot, con vara longa, per- miten obter altas producións. Sobre o extremo do tronco déixase unha póla curta con unha ou dúas xemas e unha vara con 6 a 8 xemas. As formacións en cordón con podas a polgares de 0 2 4 6 8 10 12 kg uva/cepa Cordón Guyot kg poda/cepa Índice de Ravaz Grao probable Acidez total Grao probable/ Acidez total Fig.1. Parámetros agronómicos e da calidade do mosto para o cultivo da Treixadura na forma- ción en cordón e Guyot

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==