Treixadura

9 unha ou dúas xemas dan producións aceptables, con calidades semellantes (fig. 1). En todo caso o que interesa é un deseño de poda que evite o apiñocamento dos acios, feito que ocasiona rozamentos e déficits de ventilación, sempre in- desexados e máis nunha caste sensible á botrite. Tanto nos guyots como noutros sistemas en que se deixe vara, a acción de torcer (arquear) a vara farase preto da súa base, estendendo o resto horizontalmente polo arame; arqueamentos de vara moi cerrados non interesan porque dan lu- gar a apiñocamentos. A Treixadura, a diferenza doutras variedades como o Godello, ten pouca tendencia a que broten as xemas da coroa ou da madeira. Isto é unha vantaxe e tamén un inconveniente. A escasa brotación facilita os traballos de prima- vera, pola baixa presenza de ladróns, e a poda é sinxela posto que haberá escasa acumulación de bacelos nos puntos produtivos, o que facilita a visualización do esquema de poda. O inconveniente é que por esta escasa agro- mada é preciso poñer moita atención na poda para evitar erros que provoquen alongamentos excesivos que conduzan a facer rebaixes non desexados no esqueleto da cepa. A selección clonal A selección clonal da Treixadura abordouse nos anos oitenta, froito do primeiro plan de selección clonal e sanitaria da vide, desenvolto grazas á colaboración da entón Caixa Ourense e a Conse- llería de Agricultura da Xunta de Galicia, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Polas súas características agronómicas e eno- lóxicas seleccionáronse 13 clons clasificados en tres grupos: 8 clons de primeira liña, 4 de segunda liña e 1 de terceira liña. A avaliación do estado sanitario dos clons de primeira liña de- terminou que os clons RA-24, RA-26, RA-36 e RA-43 estaban exentos das viroses recollidas no Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de vide, e polo tanto podían ser utilizados para a produción e venda de ma- terial vexetal coa categoría de certificado. Xemas RA-24 RA-26 RA-36 RA-43 Parámetros agronómicos Peso uva/cepa (kg) 3,2 4,6 4,1 3,5 Uva tm/ha 12,7 18,5 16,2 13,7 Peso acio (g) 186 188 242 196 Peso madeira de poda/cepa (kg) 1,20 1,3 0,98 1,32 Peso da uva/peso madeira de poda 2,33 3,8 4,2 2,6 Grao alcohólico probable do mosto 10,30 10,9 10,9 10,92 Acidez total do mosto en g/L de tartárico 6,00 6,40 6,37 6,45 pH mosto 3,50 3,35 3,42 3,37 Parámetros enolóxicos Grao alcohólico 10,7 11,2 12 12,3 Acidez total en g/L de tartárico 7,7 7,2 6,5 4,8 pH 3,22 3,17 3,12 3,35 Extracto seco 20,6 19,0 20,1 18,0 Glicerol 4,43 4,5 4,7 5,6 Táboa 1. Características agronómicas e enolóxicas dos clons de Treixadura (Mañas 2000 e 2006)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==