mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

TALLER PRÁCTICO: ELABORACIÓN DUN PLAN DE COMUNICACIÓN DIXITAL COMO FERRAMENTA DE INNOVACIÓN E MÁRKETING

04/03/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 15 de marzo un taller práctico sobre “ELABORACIÓN DUN PLAN DE COMUNICACIÓN DIXITAL COMO FERRAMENTA DE INNOVACIÓN E MÁRKETING

Esta actividade desenvolverase no Casa do pobo de Barbantes. A de MM. VV. Man Común Barbantes, sito na Rúa Ernesto Bello, nº 12. Barbantes (Cenlle – Ourense), en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Cenlle, a Fundación Juana de Vega, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro

As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 13 de marzo agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>>Descargar díptico

>>Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER