mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADA ACREDITACIÓN DUN PANEL DE CATA. A norma UNE-EN-ISO/IEC 17025

Xornada Acreditación panel cata
25/06/2015

A avaliación sensorial dun alimento é unha disciplina científica cuxo obxecto é estudar a sensación que producen os alimentos. Cando se consume un alimento se están recibindo estímulos visuais (cor, forma, brillo); estímulos táctiles (percibidos na superficie dos dedos, no epitelio bucal); estímulos olorosos (percibidos no epitelio olfactivo), incluso estímulos auditivos (no caso de alimentos crocantes).

A avaliación sensorial presenta unha dificultade engadida asociada a variabilidade das respostas no instrumento da medida utilizado: os órganos dos sentidos dos catadores. A percepción dun mesmo estímulo non é igual para tódalas persoas, e máis, un mesmo estímulo presentado en diferentes momentos pode ser percibido con diferente intensidade pola mesma persoa, por mor de moitos factores psicolóxico e fisiolóxicos (estado de ánimo, cansazo, momento do día, concentración, ambiente, etc)

Para superar esta dificultade e lograr a fiabilidade dos resultados, a análise sensorial se debe facer sempre mediante a participación dun grupo de persoas previamente adestradas e cualificadas. A análise sensorial é un traballo en equipo.

A Avaliación da calidade sensorial dun viño ten unha longa tradición e foron moitos intentos para desenvolver un método estandarizado. Para avaliar na xusta medida a calidade dos viños, incluso dentro da mesma denominación de orixe, é necesario definir cales deben ser as súas características organolépticas e, en base a isto elaborar unha metodoloxía específica.

Entre os obxectivos desta xornada se atopan os seguintes:

  1. A harmonización de criterios. Os expertos non sempre coinciden nas súas opinións sobre os criterios empregados na puntuación dos parámetros recollidos na ficha de cata e decote esta queda en mans da experiencia. Búscase que para cada parámetro se empreguen os menos criterios posibles.
  2. Obxectivos da avaliación. Cada parámetro que se vai avaliar debe estar definido e dispoñer dunha referencia sensorial de cada prescriptor.
  3. Especificidade. Cada catador aprenderá a avaliar os viños segundo as consideracións que teñen os consellos reguladores para dar a súa garantía de orixe.
  4. Para levar a cabo todo isto, será primordial que os futuros compoñentes dun panel de cata coñezan a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, na cal se obriga a un programa de selección e adestramento co gallo de asegurar que todos os expertos en análise sensorial teñen a debida formación para as tarefas encomendadas. Explicarase como utilizar as medidas obxectivas para a consecución da competencia dos expertos en análise sensorial (graos de calidade, criterios de puntuacións e metodoloxía de avaliación). Toda a xornada irá encamiñada a esclarecer as bases para a futura acreditación dos paneis de cata dos consellos reguladores de denominación de orixe dos viños galegos.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER