mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADA TÉCNICA – O rural ourensán: un mundo de calidade. Retos e oportunidades

XORNADAS TÉCNICAS – O RURAL OURENSÁN: UN MUNDO DE CALIDADE. RETOS E OPORTUNIDADES
23/05/2019

O vindeiro 5 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza as cuartas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2019.

O evento leva por título “O RURAL OURENSÁN: UN MUNDO DE CALIDADE. RETOS E OPORTUNIDADES” e desenvolverase na Sala dos Arcos da Casa do Concello de Celanova (Praza Maior – Celanova) en xornada de mañá. No mesmo colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Celanova, a Fundación Juana de Vega e o GAIN.

O prazo de inscrición rematará o día 3 de xuño. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER