mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Xornada: Tendencias actuais en viticultura. Viabilidade do cultivo ecolóxico en Galicia

Tendencias actuais en viticultura
16/10/2015

A tendencia actual en viticultura consiste en diminuír a utilización de produtos potencialmente tóxicos tanto para o medio ambiente como para as persoas.

Neste sentido a elaboración de viño ecolóxico está regulada, aínda que non se diferenza moito da convencional, e implica a redución da concentración de certos aditivos (por exemplo o sulfuroso) e certas técnicas. Por outra parte trae canda si a a utilización de lévedos de produción ecolóxica.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en colaboración coa Universidade de Vigo (UVIGO), está levando a cabo un estudio comparativo entre produción ecolóxica e convencional nas distintas denominacións de orixe de viños de Galicia, facendo fincapé no rendemento, diversidade de lévedos e características químicas do mosto e viños.

Con esta xornada preténdese revisar as distintas tendencias en viticultura e a súa viabilidade en Galicia e expoñer os resultados do proxecto “Potenciación da viticultura ecolóxica en Galicia” sobre produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais de mostos e viños procedentes da produción ecolóxica e convencional.
Máis polo miúdo os obxectivos que se propoñen son:

    1. Revisar as tendencias actuais en viticultura e a súa viabilidade en Galicia
    2. Presentar resultados sobre a produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais dos viños en viticultura ecolóxica e convencional.
    3. Dar a coñecer experiencias de produtores galegos que utilizan distintas técnicas de produción.
    4. Probar viños de uvas cultivadas baixo as distintas modalidades de produción.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER