mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Xornadas técnicas: Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo

17/06/2016

O vindeiro 28 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en colaboración coa C.R.D.O. Monterrei, a Deputación Provincial de Ourense e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), organiza unhas xornadas técnicas co título Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo. Este evento desenvolverase na Casa da Cultura de Albarellos (Rúa do Progreso nº 112 – Monterrei – Ourense).

O obxectivo principal destas xornadas consiste en transferir ao sector todos os avances no coñecemento científico e técnico que se ten a día de hoxe sobre as “enfermidades da madeira” en relación á complexidade do seu desenvolvemento e as estratexias para o seu control co gallo de conseguir un viñedo mais sostible no tempo.

Asemade presentaranse o proxecto europeo Winetwork no que a Evega participa a través do INGACAL.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER