A Asociación Galega de Enólogos e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia presentaron un relatorio sobre a viticultura e os viños brancos en Galicia no marco do LXX Congreso de Enólogos de Italia

A Asociación Galega de Enólogos (AGE) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) presentaron un relatorio sobre A VITICULTURA E OS VIÑOS BRANCOS EN GALICIA, no marco do LXX Congreso de Enólogos Italianos celebrado en Puglia, entre os días 29 de maio e 2 de xuño.

Neste congreso España participaba como país convidado xunto con EE.UU. A súa actividade consistiu nunha cata de viños brancos galegos e nun relatorio sobre a viticultura de Galicia, exposta polo presidente de AGE, Luis Buitrón Barrios.

>> Descargar presentación (9 Mb)