A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrará, entre os días 5 e 8 de xuño de 2017, a I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense. Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral con entrada libre.
No mesmo colaboran a Consellería do Medio Rural, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Juana de Vega. Así mesmo prestan colaboracións a Plataforma Tecnolóxica do Viño, o proxecto europeo Vitis Europa e a empresa ourensá Taste Galicia.
Para máis información xúntase o programa xeral do evento:
> Díptico da I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA
As actividades que precisan unha inscrición previa para poder asistir son as seguintes:
CONGRESO: I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
Dentro das actividades técnicas que conforman o programa da I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA salienta o I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL, un congreso onde 12 grupos de investigación de outras tantas entidades de ambos os dous territorios da Eurorregión presentarán traballos desenvolvidos nos eidos das variedades, o cambio climático, os solos, os sistemas de cultivo da vide etc… Tamén haberá sitio para as enfermidades do viñedo.
Ao tratarse este Congreso dunha actividade técnica financiada a través do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e información ao Agro Galego 2017 é precisa a inscrición previa.
Con tal motivo xúntanse os seguintes documentos:
>> Tríptico do I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
>> Folla de inscrición para o I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
TALLER PRÁCTICO: FORMACIÓN DE EXPERTOS EN ANÁLISE SENSORIAL