II SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA: ACTIVIDADES DE BALDE E CON ENTRADA LIBRE

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) xunto coa Deputación Provincial de Ourense organizan, entre os días 5 e 7 de xuño de 2018, a II SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense. Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas (que requiren inscrición previa) con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral (con entrada libre).

No mesmo colaboran a Consellería do Medio Rural, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL); a Fundación Juana de Vega e o Liceo de Ourense.

Para máis información xúntase o programa xeral do evento:

Díptico da II SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

Todas as actividades son de balde. As actividades que NON precisan unha inscrición previa para poder asistir xa que son de entrada libre son as que se describen de seguido

MESA-FALADOIRO O VIÑO E A CULTURA GALEGA

Data: 5 de xuño de 2018

Hora de comezo: 19:30 horas

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Entrada libre e de balde. As prazas dispoñibles son 100.

Programa: Achegarase ao público asistente á figura de Don Ramón Otero Pedrayo e a súa relación co mundo do viño dende distintos aspectos.

  • Presentación da actividade: Juan Luis Saco Cid. Presidente da Fundación Otero Pedrayo.
  • Ramón Otero Pedrayo: Semblanza. Otero Pedrayo e o viño
    Relator: Afonso Vázquez Monxardín Fernández. Catedrático de Lingua e Literatura Galega
  • Cata comentada de viños galegos
    Relator: Luis Buitrón Barrios. Enólogo. Presidente da Asociación Galega de Enólogos. Vicepresidente Nacional da FEAE.

MESA-FALADOIRO: AS MULLERES DO VIÑO: EXPERIENCIAS GALEGAS

Data: 6 de xuño de 2018

Hora de comezo: 19:30 horas

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Entrada libre e de balde. As prazas dispoñibles son 100.

Programa: O público asistente poderá achegarse un pouco máis ao papel feminino no mundo do viño. Tres adegueiras galegas nos relatarán as súas experiencias vitais neste mundo e presentarán os seus viños

  • Presentación da actividade: Marisol Díaz Mouteira. Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ourense
  • As mulleres do viño. Experiencias galegas
    Relatoras: Ángeles Montero Rivera. Adega Val de Deva.
    Eduvigis González. Adega Dona Elisa.
    Xiana Domínguez Álvarez. Adega Chao do Couso S.L.
  • Cata comentada de viños das adegas participantes.

MESA-FALADOIRO: A VERMUTERÍA EN GALICIA: INNOVACIÓNS

Data: 7 de xuño de 2018

Hora de comezo: 19:30 horas

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Entrada libre e de balde. As prazas dispoñibles son 100.

Programa: Achegarémonos ao mundo dos vermús en Galicia coñecendo de primeira man o seu presente e o seu futuro. Presentarase unha experiencia feita en Evega e os logros das dúas marcas máis senlleiras da nosa terra.

  • Presentación da actividade: Rosendo Luis Fernández Fernández. Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.
  • A vermutería en Galicia. Experiencias e innovacións
    Relatores: Cristina Codesido Fernández. Vermutería de Galicia.
    Xoan T. Cannas. Galician Original Drinks S. L..
    Beatriz Castiñeiras Gallego. Técnica de Evega.
  • Cata comentada de vermús das adegas participantes

Agardamos que a nosa oferta formativa sexa do seu agrado.