O vindeiro 25 de outubro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza a xornada técnica “Manexo sustentable no viñedo e calidade dos viños na DOP Ribeiro” ao abeiro do proxecto AC2021E-02.
A dita xornada celebrarase na aula da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro ubicada na Avda. Redondela nº 3- 3º andar (32400 – Ribadavia).
As prazas dispoñibles son 60 e o prazo de inscrición remata o 23 de outubro de 2023 ou si se esgotan antes as prazas. Pode descarga-lo díptico e a solicitude na páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (https://evega.xunta.gal/).
O formulario remitirase cuberto ao correo electrónico evega.medio-rural [at] xunta.gal (evega[dot]medio-rural[at]xunta[dot]gal). A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.
XORNADA TÉCNICA: MANEXO SUSTENTABLE NO VIÑEDO E CALIDADE DOS VIÑOS NA DOP RIBEIRO
PRAZAS ESGOTADAS