Proxectos

Proxectos de Investigación

Influencia de diferentes prácticas culturales en el estado hídrico de viñedos del Noroeste de España: valoración agronómica y económica. RTA2011-00041-C02-01.

Co proxecto preténdese avaliar a eficacia, eficiencia e adecuación dos sistemas de rego (aéreo e superficial) establecidos no viñedo; avaliar as necesidades hídricas empregando a metodoloxía de Kc dual segan os requirimentos de cada estado fenolóxicos das variedades galegas Albariño, Godello, Mencía, Treixadura; determinar o estado hídrico na plantanas DOs galegas, análises de los parámetros edafo-climáticos. Estudar el efecto del rego en DO Rías Baixas e DO Ribeiro sobre o binomio produción-calidade; Avaliar o efecto das coberturas vexetaisno comportamento agronómico do albariño na DO Rías Baixas; determinar a percepción do consumidor sobre o produto final obtido. Impacto económico e de mercado.

Documentación, caracterización e racionalización do xermoplasma de vide prospectado e conservado en España. Creación dunha colección nuclear.2012-2015.Proxecto coordinado. RF2012-00027-C05-05.

O coñecemento da diversidade xenética existente é unha prioridade para abordarmos a súa conservación e estudio. Hoxe en día en España varios equipos traballan na prospección, identificación e conservación de variedades de vide en todas as comunidades autónomas. Moitas das variedades estudadas coinciden ou son sinonimias de variedades xa coñecidas, pero outras son totalmente distintas e posiblemente se trate de material autóctono moi antigo a piques de desaparecer. Por esta razón é necesario documentar todo o material recollido e conservado en coleccións para coñecer a súa existencia e evitar tanto a desaparición coma unha duplicación excesiva.

Os obxectivos propostos neste proxecto pasan pola harmonización da documentación de todas as coleccións de vide segundo o inventario da FAO;a identificación dos xenotipos das mesmas mediante unha metodoloxía común; racionalizar o sistema de conservación de variedades de vide e, finalmente, crear unha colección nuclear desta especie en España.

Estudio do comportamento agronómico de variedades autóctonas e a diversidade da poboación de lévedos en viñedo ecolóxico e convencional: influencia no viño. 2012-2015. Proxecto coordinado. RTA2012-00021-C03-01.

A agricultura ecolóxica atópase en plena fase de expansión e, en viticultura, vese reforzada coa utilización de cultivares e lévedos autóctonos, mellor adaptados ás condiciónsclimáticas locais, ademais de ofrecer a posibilidade de obter produtos singulares. Neste sentido, este proxecto pretende utilizar os avances obtidos en proxectos anteriores, para poñer en valor a produción ecolóxica no viñedo en Galicia, eseguir potenciando o sector vitícola emerxente galego. Para iso propóñense os seguintes obxectivos:

  1. Avaliar o comportamento agronómico das distintas variedades autóctonas de uva así como a súa resistencia a enfermidades en produción ecolóxica versus convencional.
  2. Estudar oslévedos presentes en viñedo eadega de produción ecolóxica ea súa influencia na fermentación alcohólica.
  3. Caracterizar química e sensorialmenteaos viños ecolóxicos comparativamente con vinos de produción convencional

Aplicación de una columna de relleno en la destilación de aguardiente de orujo y de frutas (kiwi y pera) para la obtención de destilados de alto valor añadido. Empleo de una levadura autóctona en la fermentación de orujo y frutas para la obtención de aguardientes. 2009-2012.INIA RTA2009-00123-C02-01.

Utilización de lévedos autóctonos illados na EVEGA para a diferenciación e mellora da calidade dos viños galegos. 2008-2011. Xunta de Galicia 08TAL002505PR.

A elaboración de viño é un complexo proceso microbiolóxico no que os lévedos,especialmente Saccharomycescerevisiae, son os responsables da conversión do azucre do mosto en alcohol. Nunha fermentación espontánea existe unha sucesión secuencial de distintas especies de lévedos e de distintas cepas de S. cerevisiae ao longo do proceso. Diversos estudios demostran que os lévedos xogan un papel esencial na calidade final do viño. Este feito explica porqué a utilización de lévedos comerciais que garanten o control das fermentacións, repetitividade e a obtención dun produto final de calidade, é unha practica estendida na industria enolóxica. Sen embargo, esta tendencia da lugar á uniformidade dos caldos coa consecuente perdida de tipicidade. Por iso, no sector existe interese na selección de cepas autóctonas de lévedos que presenten unhas propiedades enolóxicas desexables e que permitan ao mesmo tempo a expresión da tipicidade de cada variedade e zona.

O proceso de selección de lévedos autóctonos implica o illamento e caracterización de lévedos e a súa posterior caracterización enolóxica e ensaio en adega para constatar a súa capacidade fermentativa e a calidade dos viños obtidos.

Na EVEGA disponse dunha colección de lévedos que foron illados previamente en procesos de fermentación espontánea. A partir desta colección avaliáronse distintas cepas de Saccharomycescerevisiae polo seu poder fermentativo e a calidade dos viños resultantes. Os resultados deste proxecto permitiron seleccionar dúas cepas que mostraron bos resultados a escalasemi-industrial na adega experimental da EVEGA Estas cepas están listas para escaladas a nivel industrial para as nosas adegas.

Diversidade xenética de cultivares de vide, selección de xenotipos mellorantes e incidencia de marcadores químicos na selección e caracterización. 2008-2011. Proxecto coordinado. RTA2008-00054-C02-01.

A utilización dun contado número de variedades para a produción de viño trae canda si unha perda de diversidade xenética. Para evitala, e a un tempo mellorar a produción de uva na nosa terra, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia conta con bancos de clons dalgunhas das variedades que as Denominacións de Orixe consideran coma preferentes ou autorizadas para a elaboración de viño, e cunha colección na que está representado o complexo varietal galego. Nun primeiro estudo de caracterización detectouse a presenza de 4 cultivares de uva branca e 5 de uva tinta non citados ata hoxe para a zona.

Coa finalidade de evitarmos a perda de diversidade xenética e mellorar a produción vitícola galega garantindo a identidade, calidade e estado sanitario do material vexetal utilizado na plantación de viñedos, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia formula:

  • Determinar a potencialidade agronómica e enolóxica de 4 cultivares de uva tinta e 5 de uva branca, citados coma novos para Galicia.
  • Contribuír á preservación da variabilidade xenética constituíndo un banco de clons das variedades tintas: Merenzao, Ferrón e Caíño Bravo.
  • Profundar e valorar o uso de marcadores químicos (compostos aromáticos e contido en antocianos) na identificación varietal ena selección clonal de cultivares galegos.

Caracterización do Banco de Xermoplasma da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. 2006-2009. Proxecto coordinado. RF2006-00008-C02-01.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia posúe un Banco de Xermoplasma de vide, creado coa finalidade de preservar a diversidade xenética do viñedo galego e constituído, maioritariamente, por variedades autóctonas, algunhas tan antigas que posiblemente hoxe en día esta sexa a súa única localización.

O obxectivo principal do proxecto é identificar de maneira fiable as accesións rexistradas no Banco mediante o emprego de técnicas integradas de caracterización ampelográfica, ampelométrica e molecular.

Identificación e caracterización xenética de lévedos de interese enolóxico illadas en Galicia. 2006-2007. INIA RM2006-00009-00-00.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia dispón dunha colección de lévedos illados a partir de fermentacións espontáneas de mostos de distintas variedades galegas.

Con este proxecto fíxose a caracterización xenética destes lévedos a nivel de especie mediante PCR. Ademais, dentro da especie Saccharomycescerevisiae, caracterizáronse os lévedos a nivel de cepa mediante mtDNA-RFLPs. Tamén se levaron a cabo probas a escala de laboratorio para velo potencial tecnolóxico dos lévedos da colección.

Selección Clonal de Variedades Tintas Autóctonas de Galicia.2005-2008. PGIDIT05RAG50501PR.

Na nosa terra existen variedades tintas capaces de producir viños de gran calidade e neste senso as microvinificacións realizadas na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia confirmaron as expectativas xeradas. Namentres que a planta enxerto que ofrecen os viveiros procede de pugas recollidas en viñedos diversos e sen ningún tipo de selección, aEVEGA, coma único Viveiro Seleccionador Oficial daComunidade Autónoma de Galicia, desenvolveu ata hoxe a selección clonalde 5 variedades brancas e unha tinta. Con este proxecto preténdese iniciar a selección de variedades tintas autóctonas galegas traballando durante estes tres años na preselección de dúas: Sousón e Brancellao.

Caracterización dalgunhas variedades minoritarias de vide en Galicia polo seu potencial agronómico e enolóxico. 2005-2008. Proxecto coordinado. RTA2005-00235-C02-01.

Na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia traballamos para completar a información relativa ao potencial agronómico e enolóxico dalgunhas variedades minoritarias coma o Brancellao, o Merenzao eo Sousón co obxectivode sintetizar esa información denantes de poñela ao dispor do sector. A selección do material vexetal utilizado para o establecemento das coleccións de variedades, desenvolvidas hai tempo coa finalidade de conservar as minoritarias, fíxose fundamentalmente concriteriosprodutivistasque gardan pouca relación coas novas tendencias cara unha viticultura máis orientada a cultivos de calidade. Nun escenario de crecente introdución dos nosos viños nos mercados internacionais, podería ter chegado o momento de reforzar a oferta e mellorar a imaxe dos nosos produtos cunha forte aposta pola orixinalidade baseada no aproveitamento das viníferas autóctonas galegas.

Estudio do potencial enolóxico e organoléptico de tres cultivares brancos de vide autóctonos de Galicia (Lado, Blanco Lexítimo y Agudelo). 2003-2006.INIA VIN03-029.

Os obxectivos deste proxecto foron o estudo do potencial enolóxico e organoléptico das variedades Lado, Branco Lexítimo e Agudelo (de cultivo minoritario en Galicia). As diferenzas obtidas nas distintas zonas de cultivo, así como a valoración do seu potencial de mestura coas tres variedades autóctonas brancas maioritarias galegas (Albariño, Treixadura, Godello) co gallo de fomentar a diversificación dos viños producidos en Galicia tamén foron abordados neste proxecto.

Incidencia das técnicas de elaboración sobre os lévedose a composición aromática do viño en cultivares brancos autóctonos de Galicia. 2003-2005. INIA RTA 03-037

A tendencia á estandarización das técnicas de cultivo e elaboración do vino trae canda si unha perda progresiva do carácter diferenciado dos viños galegos. Coa finalidade de buscar unha alternativa ás actuais técnicas uniformizadoras, que non permiten expresar as características diferenciadoras no viño, neste proxecto plantouse o estudo da influencia da temperatura de fermentación, o desfangado e a práctica de maceración prefermentativa na poboación de lévedos durante a fermentación e na composición aromática dos viños elaborados coas variedades Godello, Albariño e Treixadura.

Proxectos de Innovación

Extracción y revelación de aromas varietales del Albariño desde la maceración prefermentativa hasta la fermentación maloláctica.

Entidade: MARTÍN CÓDAX S.A.U.
Código: FEADER 2013/26
Data Resolución: 25/10/2013

Albariño SIN.0″ desenvolvemento de viño sen alcohol a partir de branco monovarietal albariño da D.O. Rías Baixas.

Entidade: COANGA S.L.
Código: FEADER 2013/13
Data Resolución: 24/04/2013

Recuperación de las variedades Sousón y CaiñoTinto y estudio de clones de Mencía en la Ribeira Sacra.

Entidade: BODEGAS RECTORAL DE AMANDI SAU
Código: FEADER 2013/21
Data Resolución: 24/04/2013

Estudo de diferentes tempos de criomaceración, para a mellora da elaboración de viño godello”.

Entidade: GODEVAL
Código: FEADER 2012/51
Data Resolución: 27/07/2012

Utilización de bacteriocinas na elaboración de viños como alternativa ao anhídrido sulfuroso

Entidade: INNAVES S.A.
Código: FEADER 2012/60
Data Resolución: 27/07/2012

Desenvolvemento de novos produtos agroalimentarios galegos: vinagres e aceites de oliva aromatizados

Entidade: INVANTIA RESEARCH S.L.
Código: FEADER 2013/10
Data Resolución: 27/07/2012

Elaboración dun viño espumoso branco con castes autóctonas do condado (D.O. Rías Baixas)

Entidade: BODEGA AS LAXAS S.A.
Código: FEADER 2009/30

Elaboración de viños tostados e doces con diferentes variedades da D.O. Valdeorras

Entidade: C.R.D.O. Valdeorras
Código: FEADER 2008/20
Data Resolución: 01/09/2008

Obtención de augardente de calidade mediante mellora do proceso fermentativo do bagazo. Elaboración dun destilado de uva de Albariño. Aproveitamento de froitas cultivadas no Val do Ulla (prexegos) para elaboración de augardente.

Entidade: AUGARDENTES DE GALICIA S.A.
Código: FEADER 2008/06
Data Resolución: 01/09/2008

Proxecto piloto para a mellora da calidade do produto final en adegas D.O. Rías Baixas mediante a innovación nos procedementos de xestión e control

Entidade: C.R.D.O. Rías Baixas
Código: FEADER 2008/10
Data Resolución: 30/05/2008

Elaboración e crianza de viño da D.O. Monterrei sobre carballo galego. Elaboración de viños doces coas distintas variedades da D.O. Monterrei. Elaboración de variedades brancas da D.O. Monterrei con crianza sobre lías durante 24 meses.

Entidade: C.R.D.O. Monterrei
Código: FEADER 2007/11
Data Resolución: 12/12/2007

Estudo e experimentación sobre os destilados en alambique tradicional con bagazos e viños de tintoreira. Novas formas de destilación. Valorización dos destilados de froitas autóctonas da zona de Chantada.

Entidade: SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA ORETA XIDA
Código: FEADER 2007/18
Data Resolución: 12/12/2007

Aproveitamento e valorización do kiwi destrío mediante a obtención de dous produtos de alto valor engadido: augardente a partir dos seus fermentados e marmelada mediante altas presións hidrostáticas.

Entidade: KIWI ESPAÑA S.A.
Código: FEADER 2007/16
Data Resolución: 25/10/2007

Produción de levaduras autóctonas galegas de interese enolóxico

Entidade: INNAVES S.A.
Código: FEADER 2007/15
Data Resolución: 24/10/2007