XORNADAS TÉCNICAS: FINANCIAMENTO E LOGROS NA INNOVACIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO

O vindeiro 27 de novembro, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as derradeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título “Financiamento e logros na innovación do sector vitivinícola galego”e desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos(Rúa Alfredo Brañas – Monforte de Lemos – Lugo) en xornada de mañá.

No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 25 de novembro. Pode descargar o programa e a folla de inscrición aqui: