O vindeiro 5 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as cuartas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.
O evento leva por título “OS RETOS DA VITICULTURA ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO” e desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, en xornada de mañá. No mesmo colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).
As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: