XORNADAS TÉCNICAS – USO DO FRÍO NA ELABORACIÓN DE VIÑO. Innovacións e tendencias

O vindeiro 22 de marzo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as primeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título “Uso do frío na elaboración de viño. Innovacións e tendencias” e desenvolverase no salón de actos do Centro sociocultural de Sober (Lugo) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Sober, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 21 de marzo. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: