O vindeiro 29 de novembro de 2016 a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) celebrará unhas xornadas técnicas co título “A garantía na plantación do viñedo: o material vexetal certificado” na Salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, tal e coma vén sendo habitual. Neste evento colaboran o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).