Xornadas técnicas: A internacionalización das adegas. Instrumentos para a venda do viño galego no mercado exterior

O vindeiro 11 de maio de 2016 a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) celebrará unhas xornadas técnicas co título “A INTERNACIONALIZACIÓN DAS ADEGAS. Instrumentos para a venda do viño galego no mercado exterior” no Salón de actos do Edificio Multiusos de Arbo (Pontevedra). Neste evento colaboran o CRDO Rías Baixas, o Concello de Arbo e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).