Xornadas técnicas: Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías

O vindeiro 28 de abril de 2016 a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) celebrará unhas xornadas técnicas co título “Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías” na Casa da Cultura de Ribadavia coma actividade previa á celebración da Feira do Viño do Ribeiro de 2016, tal e coma vén sendo habitual. Neste evento colaboran o CRDO Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).