A EVEGA presentou a súa páxina web no marco do VI Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade “Vinis Terrae”

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) presentou a súa páxina web destacando que é una plataforma para interactuar cos axentes do sector. Un punto de formación é de dinamización da información xerada no eido da viticultura e enoloxía con especial fincapé na actividade desenvolvida pola EVEGA. Preténdese con ela conseguir un maior achegamento aos distintos axentes do sector vitivinícola galego.

No desenvolvemento da web empregouse un sistema baseado en software libre o que vai permitir que a actualización da información sexa áxil e que a incorporación de novas funcionalidades non requira de grandes investimentos. A Administración autonómica é a entidade xeradora de contidos e servizos web polo que isto achega seguridade e confianza á cidadanía.

Estrutúrase en oito apartados, nos que son de salientar a sección “Servizos” que incorpora un sistema de pregunta-resposta como punto de asesoramento aos axentes do sector. A sección “Aula Virtual” do apartado Formación que será un espazo dedicado á formación dos profesionais do sector mediante unha colección de vídeos monográficos e follas divulgativas. O apartado de “Recursos xenéticos da vide” que mostra as variedades de vide conservadas na Colección de vides da EVEGA. E a sección de “ Transferencia tecnolóxica” na que se amosarán todos os resultados dos traballos de investigación e divulgación que sexan presentados en diferentes foros ou publicados en revistas científicas o de divulgación.