Page 43 - monografico Evega n11 enfermidades viñedo
P. 43

41

         Síntomas de oídio nos gromos e na madeira.















                                            175














         176                                177














         178                                179
        Foto 175 Gromo afectado por oídio a finais do mes de agosto. Nun segundo plano, folla
        tamén sintomática.  Foto 176 Gromo afectado polo oídio no mes de xullo, que tamén
        se estende polo pecíolo da folla con tons cincentos escuros e lixeira esporulación
        esbrancuxada.  Foto 177 Gromo afectado polo oídio durante a caída da folla. O oídio
        ten un desenvolvemento sobre a madeira característico, en forma de trazas patentes
        pero de contorno irregular.  Foto 178 Nas zonas do gromo, infectadas polo oídio, polo
        xeral de ton castaño avermellado, tamén se poden producir pequenas e finas fendas na
        madeira.  Foto 179 Na madeira con oídio as xemas, polo xeral, son viables na brotación,
        pero nestas e na madeira consérvase o fungo no inverno, o que favorece que na primavera
        seguinte as primeiras contaminacións no viñedo sexan máis cedo.
   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48