Page 10 - monografico pegada carbono
P. 10

8
           A pegada de carbono


          Nos últimos anos o uso do termo “pegada de carbono” estendeuse tanto na linguaxe
          técnica especializada dentro do sector ambiental como pouco a pouco na linguaxe
          común e dos medios.

          A expresión “pegada de carbono” procede do termo “pegada ecolóxica” desenvolto
          nos anos 90 no ámbito universitario e científico, e estendido posteriormente por mor
          da publicación do libro Our Ecological Footprint en 1996, e utilízase para representar
          a cantidade de superficie bioloxicamente produtiva que sería necesaria para manter
          unha rexión urbana, tanto para abastecela como para asumir os seus residuos. A
          pegada ecolóxica é polo tanto unha medida de equivalencia abstracta. Neste sentido,
          a pegada de carbono tamén é unha medida de equivalencia que serve para valorar
          un comportamento xeral dun sistema. O concepto da “pegada ecolóxica” non debe
          confundirse co concepto de “pegada ambiental” definido pola Comisión Europea como
          un indicador de sustentabilidade para produtos e organizacións asociado á análise de
          15 impactos ambientais, incluído o cambio climático.

          Podemos definir a pegada de carbono como un indicador que permite valorar
          numericamente a cantidade de emisións de gases de efecto invernadoiro achacables
          a calquera actividade humana, que expresamos en masa (gramos, quilogramos,
          toneladas…), de CO 2 equivalente. Entendemos o CO 2 equivalente como unha unidade
          que permite utilizar unha única referencia para falar de todos os gases de efecto
          invernadoiro, a través do seu potencial de quecemento global.
          Polo tanto, a pegada de carbono pódese aplicar á actividade dunha persoa ou dunha
          organización, á elaboración dun produto, á prestación dun servizo, ou mesmo á
          celebración dun evento ou ao desenvolvemento dun proxecto (Fig. 2). A pegada de
          carbono non é aplicable a actividades non realizadas ou producidas polo ser humano.



















           Fig. 2. Todo o que nos rodea ten unha pegada de carbono calculable. (Fonte: Solid Forest, 2012)
   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15