PRAZAS ESGOTADAS
O vindeiro 16 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o taller práctico “A PODA NA VIDE”.
O devandito taller celebrarase nas instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) ubicadas en Ponte San Clodio, s/n 32428 (Leiro – Ourense).
O prazo de inscrición remata o 13 de novembro e o número de prazas son 30. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas
A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.