TALLER PRÁCTICO: PODA NA VIDE


14/11/2022

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 24 de novembro un taller práctico sobre “PODA NA VIDE”.

Esta actividade desenvolverase nas instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) ubicada na Ponte San Clodio, s/n (32428-Leiro), en xornada de mañá e tarde. No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 30. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

>> Descargar díptico