CURSO: ELABORACIÓN DE VIÑOS E DERIVADOS
Data: 14/11/2022
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Rúa Leiromean, 18 - Ribadumia - Pontevedra)
Entidades colaboradoras: Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e Fundación Juana de Vega
Nº de prazas: 15 - PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 09/11/2022
Descargar díptico
CURSO PRÁCTICO: VITICULTURA. TÉCNICAS DE CULTIVO
Data: 30/08/2022
Lugar: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Ponte San Clodio s/n, Leiro - Ourense)
Entidades colaboradoras: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)
Nº de prazas: 20
Data límite de inscrición: 24 de agosto de 2022
Obxectivos: Formar viticultores e adegueiros e persoas, en xeral, sobre os temas máis importantes relacionados coa viticultura, abordando cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en práctica.
Descargar díptico
Curso práctico: Identificación e control de pragas e enfermidades da vide
Data: 29/08/2022
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra)
Entidades colaboradoras: Fundación Juana de Vega, Axencia galega da calidade alimentaria, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Xunta de Galicia
Nº de prazas: 15 - PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 26/07/2022
Obxectivos: Conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios é o obxectivo fundamental do RD 1311/2012 (transposición da Directiva 2009/128/CE), do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, mediante a redución dos riscos e os efectos do uso dos produtos fitosanitarios na saúde humana e no ambiente.
A estratexia xeral de control está baseada no fomento da xestión integrada de pragas para o uso sustentable dos fitosanitarios e a agricultura ecolóxica, nas que se busca a eficacia das medidas de control de menor impacto, a mellora da calidade da colleita, un nivel mínimo de residuos e maior seguridade dos traballadores, da poboación rural e dos consumidores. A presión do ataque dos patóxenos fúnxicos é intensa nas zonas atlánticas polos períodos de humidade no ambiente ao longo do ciclo da vide, especialmente no que se refire ao mildio, ao oídio e ás podremias, o que obriga a adopción de estratexias integradas de prevención e protección que eviten danos e perdas económicas nas colleitas. A identificación dos organismos patóxenos que afectan o viñedo nos distintos estados fenolóxicos, os factores ecoclimáticos que favorecen o desenvolvemento dos fungos, as medidas preventivas e culturais adoptadas, máis a aplicación dos fitosanitarios no momento oportuno, son a clave do programa de seguimento e control e da eficacia dos tratamentos fitosanitarios.
Neste curso, principalmente práctico, descríbense as principais enfermidades e pragas que inciden no viñedo e que precisan de maiores medidas de control.
Coa planificación e impartición deste curso preténdense acadar os seguintes obxectivos:
» Coñecer os aspectos básicos que regulan a xestión integrada de pragas (XIP) como fundamento do uso sustentable dos produtos fitosanitarios.
» Identificar os síntomas das enfermidades e pragas máis importantes nos diferentes estados fenolóxicos do viñedo e os momentos máis sensibles deste.
» Coñecer as ferramentas de modelización de pragas e enfermidades.
» Aplicar os coñecementos da XIP para establecer e planificar os métodos de control das pragas e enfermidades.
Descargar díptico
CURSO DE ELABORACIÓN DE VIÑOS E DERIVADOS
Data: 4, 5, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25 de outubro
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, en Leiro (Pontevedra)
Entidades colaboradoras: Fundación Juana de Vega, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Xunta de Galicia
Nº de prazas: 15 - PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 01/10/2021
Obxectivos: Formar a viticultores e adegueiros, e persoas que desexen incorporarse ó sector sobre os temas máis importantes vencellados coa enoloxía, abordado cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en práctica nas súas explotacións.
Descargar díptico
Descargar folla de inscrición
CURSO DE VITICULTURA: TÉCNICAS DE CULTIVO
Data: 26/07/2021
Lugar: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Ponte San Clodia s/n Leiro - Ourense)
Entidades colaboradoras: Fundación Juana de Vega, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Xunta de Galicia
Nº de prazas: 20 - PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 25/07/2021
Obxectivos: Formar a viticultores e adegueiros, e persoas en xeral sobre os temas máis importantes relacionados coa viticultura, abordando cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en
práctica.
Descargar díptico
Descargar folla de inscrición