Colaboración en Formación Profesional

Formación regradaFormación regrada 

A EVEGA establece convenios con diferentes entes formativos para impartir docencia ou ben para a titoría de proxectos fin de carreira e prácticas de empresa.

Na actualidade están en vigor os programas de colaboración continua correspondentes aos centros de Formación Profesional IES Ribeiro (Ribadavia) e IES Ramón Cabanillas (Cambados). Ademais mantemos convenios para prácticas curriculares con outros centros coma CEIP A Carballeira (Ourense) e CEIP A Granxa (Ponteareas).

Froito destes convenios, dende o ano 2013, participouse na formación de 100 alumnos dos ciclos de Elaboración de aceites e viños e outros 6 fixeron as súas prácticas curriculares.

Así mesmo A EVEGA participa na formación de bolseiros da Consellería do Medio Rural e Mar que oferta bolsas de prácticas para recen titulados de formación profesional dentro da familia agraria. Dende o ano 2013 o noso centro formou a 9 destes bolseiros.