O III ENCONTRO ENOLÓXIGO GALEGO celebrarase o día 31 de agosto, en Adegas Casal de Armán. Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Enólogos (AGE) e nela colabora a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), tal e como vén sendo habitual nos últimos anos.
Estas xornadas, útiles para a formación continua, tamén teñen como obxectivo intercambiar impresións e experiencias entre os asistentes.
Trataranse temas de completa actualidade e de gran importancia para enfrontarse aos novos retos do mercado contando para iso como relatores con grandes profesionais do noso sector vitivinícola.
Lembrámosvos que a asistencia ás xornadas e a posterior comida serán gratuítas para todos os asociados da AGE.
Co obxecto de coordinar o evento da mellor maneira posible solicítase a confirmación da asistencia enviando o formulario de inscrición adxunto á dirección de correo: enologosgalegos [at] gmail.com (enologosgalegos[at]gmail[dot]com).