A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza un taller práctico sobre defectos do viño en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL). Dito evento celebrarase o vindeiro 8 de xuño no Centro de Saúde de Leiro, sito na praza do Concello desta localidade. As prazas son limitadas a 40 alumnos.