INFORME DE GESTIÓN DE EVEGA
(15 de outubro de 2013 a 15 maio de 2016)
1.- Actividade do Laboratorio analítico
1.1.- Acreditación pola ENAC e ampliación da mesma
O Laboratorio físico químico da EVEGA xa era recoñecido coma oficial a nivel galego, español e europeo. Pero isto non era suficiente para sermos competitivos nun mercado globalizado que esixe a demostración material da profesionalidade. Hoxe en día, a implementación do sistema de calidade segundo a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025 e o seu recoñecemento pola ENAC, constitúen o aval máis importante a nosa forma de traballar e coloca ao Centro na liña dos Laboratorios e Estacións Vitivinícolas de España e Europa.
A dita acreditación foi outorgada pola ENAC en reunión de 25 de xullo de 2014 e alcanzaba aos parámetros clásicos nas analíticas de viños (pH, acidez total e volátil, azucres, dióxido de xofre e grao alcohólico volumétrico) e para unha serie de técnicas moi concretas. Con data de 16 de outubro de 2015, a Comisión de Acreditación decide manter e ampliar o alcance da acreditación para un novo parámetro, ácido cítrico, e novas técnicas analíticas.
Parámetro acreditado | Método 1 | Método 2 |
---|---|---|
pH | FTIR | Potenciometría |
Acidez total | FTIR | Valoración potenciométrica |
Acidez volátil | FTIR | Valoración ácido base |
Grao alcohólico volumétrico | FTIR | NIR |
Dióxido de xofre | Fluxo continuo segmentado | Volumetría |
Azucres | Método enzimático | – |
Ácido cítrico | Método enzimático | – |
Con todo isto a EVEGA cumpre o compromiso adquirido cara a mellora continua dos seus servizos e moderniza unha ferramenta esencial para dar unha resposta real ás necesidades do sector en Galicia.
1.2.- Aumentamos a nosa carteira de grandes clientes e servizos
Se ata o ano 2013 traballaba co noso laboratorio o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, durante o 2015 este ano sumouse o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. A EVEGA é a responsable dos controis analíticos que garanten a calidade físico química dos viños amparados baixo as D. O. Ribeiro e Monterrei.
Asemade, ao abeiro da implementación do seu sistema de calidade, a EVEGA aumentou a demanda de adegas particulares, sobre todo no campo das analíticas necesarias de cara á exportación de viño.
1.3.- Aumentamos a carga de traballo
ANO 2013 | ANO 2014 | ANO 2015 | ANO 2016[1] | |
---|---|---|---|---|
Nº Mostras analizadas | 2.650 | 3.429 | 3.061 | 935 |
Nº Ensaios realizados | 18.931 | 24.101 | 21.598 | 6.348 |
Durante o período de referencia deste informe (15 de outubro de 2013 e 15 de maio de 2016) no Laboratorio da EVEGA analizáronse un total de 8.392 mostras e se desenvolveron 58.625 ensaios analíticos, unhas cifras que avalan a traxectoria ascendente deste departamento.
Número mostras analizadas | Número ensaios realizados |
---|---|
8.392 | 58.625 |
2.- Actividade Investigadora e transferencia de resultados
2.1.- Actividade investigadora
Durante o período de referencia establecido para este informe, a EVEGA desenvolveu tres proxectos de investigación a nivel nacional, con financiamento do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología agraria y Alimentaria (INIA). Os ditos proxectos foron:
- a. Estudio do comportamento agronómico de variedades autóctonas e a diversidade da poboación de lévedos en viñedo ecolóxico e convencional: influencia no viño: Avaliar o comportamento agronómico das distintas variedades autóctonas de uva así como a súa resistencia a enfermidades en produción ecolóxica versus convencional. Estudar os lévedos presentes en viñedo e adega de produción ecolóxica e a súa influencia na fermentación alcohólica. Caracterizar química e sensorialmente os viños ecolóxicos comparativamente con vinos de produción convencional
- b. Influencia de diferentes prácticas culturais no estado hídrico de viñedos do noroeste de España: valoración agronómica e económica: Os obxectivos deste proxecto foron avaliar as necesidades hídricas dos viñedos galegos e dar resposta ao sector vitícola sobre os calendarios de rega a utilizar así como determinar a cuberta vexetal que resulta máis adecuada para controlar o desenvolvemento vexetativo da vide sen comprometer a produción de uva.
- c. Documentación, caracterización e racionalización do xermoplasma de vide prospectado e conservado en España. Creación dunha colección nuclear: Harmonización da documentación de todas as coleccións de vide segundo o inventario da FAO. Identificación dos xenotipos das mesmas mediante unha metodoloxía común. Racionalizar o sistema de conservación de variedades de vide e crear unha colección nuclear desta especie en España.
No marco desta actividade investigadora, a EVEGA liderou un dos subgrupos do Programa Nacional de Recursos Fitoxenéticos que permitiu atoparmos 17 variedades que non tiñamos e delas 9 que polo de agora só se atopan en Galicia.
2.2.- Difusión e transferencia de resultados ao sector
Coma complemento necesario á actividade investigadora, a EVEGA desenvolveu durante o período de referencia deste documento un total de 109 accións divulgativas en forma de artigos e comunicacións científicas, artigos de divulgación, libros e outras publicacións.
3.- Actividade de I+D+i
A actividade de Investigación, desenvolvemento e innovación da EVEGA alicérzase na Orde da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva de axudas para a cooperación, a execución de proxectos de Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, e a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal. Estas accións atópanse cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Durante o período estudado a EVEGA desenvolveu seis proxectos de I+D+i en colaboración con outras tantas entidades do sector vitivinícola galego e que supuxeron un gasto subvencionable total por parte da Consellaría do Medio Rural de máis de 600.000 euros.
Os proxectos de I+D+i desenvolvidos pola EVEGA foron os seguintes:
- a. Extracción y revelación de aromas varietales del Albariño desde la maceración prefermentativa hasta la fermentación maloláctica. Entidade: Martín Códax S.A.U.
- b. Albariño SIN.0″ desenvolvemento de viño sen alcohol a partir de branco monovarietal albariño da D.O. Rías Baixas. Entidade: Coanga S.L..
- c. Estudo de diferentes tempos de criomaceración, para a mellora da elaboración de viño godello. Entidade: GODEVAL.
- d. Recuperación de las variedades Sousón y CaiñoTinto y estudio de clones de Mencía en la Ribeira Sacra. Entidade: Bodegas Rectoral de Amandi SAU
- e. Creación dun espazo para a valorización e multiplicación de variedades autóctonas minoritarias no Ribeiro. Entidade: Cume do Avia SCG
- f. Estado de maduración óptimo de variedades da Denominación de Orixe Ribeiro para a elaboración de viños base. Entidade: CRDO Ribeiro
4.- Actividade formativa
A EVEGA desenvolve un labor formativo baseado en tres piares básicos: Plan de Transferencia para o Agro Galego, Plan de formación para o Agro Galego e os convenios de formación continua con centros de Formación Profesional: IES Ribeiro (Ribadavia) e IES Ramón Cabanillas (Cambados)
4.1.- Plan de Transferencia para o Agro Galego
Durante o período referido a EVEGA desenvolveu unha estratexia de transferencia ao sector vitivinícola galego cunha oferta formativa ampla, variada e solidaria. Ampla porque abrangueu 21 actividades das distintas tipoloxías, isto é xornadas técnicas, talleres prácticos e o 1º Congreso de Investigación en viticultura e Enoloxía en Galicia. Variada porque se deseñaron con base en todas as temáticas que importan ao sector, dende o material vexetal, as enfermidades da vide, estudos sobre distintas tecnoloxías de viño e derivados ata o marketing e a internacionalización das adegas. Solidaria porque a EVEGA aplicou o principio da igualdade de oportunidades a través da descentralización de todas as súas actividades formativas cara os territorios correspondentes ás Denominacións de Orixe vitivinícolas de xeito que calquera viticultor ou adegueiro teña preto da súa casa cando menos unha actividade cada ano
Ribeira Sacra | Rías Baixas | Ribeiro | Monterrei | Valdeorras | Outra sede | Total | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Accións | 8 | 3 | 4 | 3 | 2 | 1 | 21 |
Durante o período estudado, o número total de alumnos inscritos nas actividades de Transferencia foi de 1992, cunha media de 94.9 alumnos por acción.
ANO 2013 (4) | ANO 2014 (5) | ANO 2015 (7) | ANO 2016 (5) | TOTAL (21) | |
---|---|---|---|---|---|
Xornadas Técnicas | 310 | 557 | 672 | 453 | 1992 |
Media alumnos | 77.5 | 111.4 | 96 | 90.6 | 94.9 |
- a. Taponado e Viños de garda. (Xornada). 28/11/2013. Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA). Monforte de Lemos (Lugo). Nº alumnos inscritos: 100
- b. O reto da Viticultura ecolóxica en Galicia. (xornada). 10/12/2013. Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA). Monforte de Lemos (Lugo). Nº alumnos inscritos: 104
- c. Rega no viñedo. Fundamentos, xestión práctica. (xornada). 17/12/2013. Mosteiro de San Clodio. Leiro (Ourense). Nº alumnos inscritos: 81
- d. Defectos dos destilados. (xornada). 20/12/2013. Centro de Experimentación Agroforestal. Sergude (A Coruña). Nº alumnos inscritos: 25.
- e. Aspectos actuais da patoloxía da vide cara a una viticultura sostible. (xornada). 28/03/2014. Centro sociocultural. Sober (Lugo). Nº alumnos inscritos: 87
- f. Manexo do solo e fertilización do viñedo. (xornada). 29/04/2014. Ribadavia (Ourense). Nº alumnos inscritos: 95
- g. Potencial dos lévedos e os seus bioprodutos como axentes diferenciadores para os viños galegos. (xornada). 10/07/2014. Salón de actos, edificio Multiusos. O Barco de Valdeorras (Ourense). Nº alumnos inscritos: 44
- h. Boas prácticas no marketing do viño. (xornada). 13/11/2014. Casa da cultura. Verín (Ourense). Nº alumnos inscritos: 105
- i. Os viños escumosos en Galicia. O seu futuro. (xornada). 12/12/2014. Salón de Congresos e Exposicións José Peña. Cambados (Pontevedra). Nº alumnos inscritos: 226
- j. Claves para vender máis e mellor o viño (xornada): Sober. 18/03/2015. 65 inscritos
- k. Os viños de garda. A utilización de diferentes madeiras para a súa crianza (xornada): Ribadavia. 29/04/2015. 152 inscritos
- l. Defectos do viño (Taller práctico): Verín. 4/06/2015. 40 inscritos
- m. Congreso Investigación en Viticultura e Enoloxía en Galicia (Congreso): Ourense. 23/06/2015. 132 inscritos
- n. Acreditación dun panel de cata de viños. A norma UNE-EN-ISO/IEC 17025 (xornada): O barco de Valdeorras. 7/07/2015. 70 inscritos.
- ñ. Na procura do equilibrio entre solo, clima e planta. Viticultura de precisión (xornada): Monforte de Lemos. 15/10/2015. 114 inscritos
- o. Tendencias actuais en viticultura. Viabilidade do cultivo ecolóxico en Galicia (xornada): Monterrei. 28/10/2015. 97 inscritos
- p. Alternativas ao viño tradicional. Novos produtos. (xornada). Sober. 17/03/2016. 125 inscritos
- q. Defectos do viño (Taller práctico): Monforte de Lemos. 6/04/2016. 42 inscritos
- r. Formación de expertos en análise sensorial. Novas tendencias nos viños galegos (Taller práctico): Ribadumia. 26/04/2016. 42 inscritos
- s. Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías. (xornada). Ribadavia. 28/04/2016. 151 inscritos
- t. A internacionalización das adegas. Instrumentos para a venda do viño galego no mercado exterior. (xornada). Arbo. 11/05/2016. 93 inscritos
4.2.- Plan de Formación para o Agro Galego
Durante este período e con base no Plan de Formación para o Agro Galego, a EVEGA organizou 10 cursos formativos cun total de 298 alumnos e unha media de 29.8 alumnos por cada acción. Case que todas as accións insírense nos módulos do título de Aptitude Empresarial Agraria.
ANO 2013 (3) | ANO 2014 (6) | ANO 2015 (1) | TOTAL (10) | |
---|---|---|---|---|
Cursos de formación | 90 | 178 | 30 | 298 |
Media alumnos/curso | 30 | 29.67 | 30 | 29.8 |
As accións formativas desenvolvidas foron as seguintes:
2013PO003. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Agrotecnoloxía (Módulo VI). Nº alumnos inscritos: 30.
2013PO004. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Elaboración de viños e derivados (Módulo VIII). Nº alumnos inscritos: 30.
2013PO005. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Técnicas de cultivo (Módulo VII). Nº alumnos inscritos: 30.
2014OU002. Iniciación á análise sensorial. Cata de viños galegos. Sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Verín (Ourense). Nº alumnos inscritos: 28.
2014OU001. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Técnicas de cultivo. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Leiro (Ourense). Nº alumnos inscritos: 30.
2014OU003. Iniciación á análise sensorial. Cata de viños galegos. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Leiro (Ourense). Nº alumnos inscritos: 30.
2014PO001. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Agrotecnoloxía (Módulo VI). Nº alumnos inscritos: 30.
2014PO002. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Técnicas de cultivo (Módulo VII). Nº alumnos inscritos: 30.
2014PO003. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Elaboración de viños e derivados (Módulo VIII). Nº alumnos inscritos: 30
2015OU001. Aptitude Empresarial Agraria. Vitivinicultura: Técnicas de cultivo. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Leiro (Ourense). Nº alumnos inscritos: 30.
Os cursos organizados tamén responden á mesma estratexia seguida para Transferencia pero con certas limitacións impostas pola necesidade da adecuación específica dos locais para este tipo de actividades.
Ribeira Sacra | Rías Baixas | Ribeiro | Monterrei | Valdeorras | Outra sede | Total | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Accións | 0 | 6 | 3 | 1 | 0 | 0 | 10 |
4.3.- Convenios de formación específica
Con base nos respectivos convenios de colaboración asinados pola Consellaría do Medio Rural e a Consellaría de Educación, a EVEGA desenvolve un plan de formación continua para os alumnos do ciclo de Elaboración de aceites e viños para dous centros de Formación Profesional: IES Ribeiro (Ribadavia) e IES Ramón Cabanillas (Cambados) e desenvolveu a formación práctica tanto en Viticultura coma en Enoloxía de 93 novos profesionais.
4.4.- Un esforzo formativo importante
Despois dos datos que vimos de salientar podemos concluír que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia leva feito un esforzo formativo importante no sector vitivinícola galego.
E así, afirmamos que durante o período comprendido entre o 15 de outubro de 2013 e o 15 de maio de 2016 case que 2.400 profesionais do sector vitivinícola galego apostaron pola EVEGA para complementar a súa formación.
5.- A transferencia aplicada: Desenvolvemento de campos de ensaio
Con base no Plan de Transferencia para o Agro Galego, a EVEGA desenvolve unha serie de 10 campos de ensaio que lle permiten investigar sobre o comportamento agronómico e enolóxico de distintas variedades, probar novos sistemas de condución ou seleccionar castes.
- a. Selección clonal das variedades Sousón, Brancellao, Branco lexítimo e Merenzao
- b. Comportamento de catro clons de Albariño sobre catro portaenxertos distintos
- c. Deseño experimental de novos sistemas de condución.
- d. Efecto da rega no comportamento agronómico de variedades de vide, segundo ano de estudo.
- e. Idoneidade de porta enxertos para variedades autóctonas galegas
- f. Xeometría da plantación e condución en castes autóctonas galegas.
- g. Selección clonal de Caíño Tinto e Espadeiro.
- h. Resposta de variedades autóctonas galegas en produción integrada
- i. Selección principal de clons das variedades Sousón e Brancellao
- j. Control do melazo, Planococcus ficus, vector do virus do enrrollado no viñedo
6.- A difusión de resultados
Durante este período a EVEGA desenvolveu un total de 99 accións de transferencia divulgativa en forma de relatorios, comunicacións, artigos en revistas de impacto e divulgativos, monográficos, libros ou capítulos de libros.
A EVEGA presentou un total de 27 comunicación científicas en Congresos Iinternacionais (9) e nacionais (18), sendo membro activo na Reunión Anual del Grupo de Trabajo de Experimentación en Viticultura e Enología (GETEVE) ou no GIENOL (Grupo de Investigación de Enología).
No apartado de Libros o capítulos de libros son 23 as acción da EVEGA entre as que temos que salientar a publicación da Guía sobre la utilización de levaduras no-Saccharomyces en la elaboración de vino. E a Guía de variedades minoritarias, ambas as dúas coordinadas pola EVEGA e xestadas dentro do Grupo de Trabajo de Experimentación en Viticultura e Enología de España.
7.- Un centro formador de novo investigadores e profesionais
Durante este período a EVEGA contribuíu á formación de novos profesionais e investigadores dirixindo ou codirixindo 5 teses de doutoramento e 6 proxectos de fin de grao ou máster con alumnos das tres universidades galegas.
Así mesmo 10 alumnos tanto de Formación Profesional coma universitarios escolleron a EVEGA para desenvolver as súas prácticas curriculares.
As teses de doutoramento que se dirixiron ou codirixiron na EVEGA son:
- a. Emiliano Trigo Córdoba. Respuesta fisiológica y agronómica de variedades gallegas de vid a diferentes prácticas de cultivo: cubiertas vegetales y riego.
- b. Yolanda Bouzas Cid. Influencia del regadío y del tipo de cubiertavegetal sobre la composición en aminoácidos de las uvas y compuestos volátiles de los vinos de diversas variedades gallegas
- c. Lorena Lara Fernández. Influencia de diferentes levaduras en vinos y bebidas espirituosas
- d. David Castrillo Cachón. Estudio de la diversidad de la población de levaduras en uva de cultivo ecológico y convencional: influencia en las características químicas y sensoriales del vino
- e. María del Pilar Martínez Diz. Diversidad genética y fenotípica de vid en el noroeste de la Península Ibérica: caracterización fenólica, aromática y de resistencia a enfermedades
Os proxectos fin de grado ou master son.:
- a. Gabriel Magariños Vega. 2014. Estudio de levaduras vínicas de Albariño. Universidade de A Coruña
- b. Rodrigo Otero Pérez. 2015. Caracterización de la población de levaduras en fermentaciones para elaboración de vino ecológico. Universidade de Santiago de Compostela.
- c. Ismael Estudio de viños base das castes Treixadura, Loureira, Brancellao e Caíño Longo para a elaboración de viños escumosos. Universidade de Vigo
- d. Elisa Lavandeira Paz. Caracterización y selección de genotipos mejorantes del cultivar Sousón. Universidade de Vigo
- e. Marta Rodríguez Fernández. Incidencia del tipo de portainjerto en la variabilidad intravarietal de cultivar Brancellao. Universidade de Vigo
- f. Marina Rivero Canosa. Estudio de la elaboración de vinos blancos de la D. O. Ribeiro con tres levaduras comerciales y su influencia en la composición química, aromática y sensorial de los mismos. Universidade de Santiago de Compostela
8.- Asesoramento directo a profesionais do sector
Durante este período a EVEGA desenvolveu unhas 900 accións directas de asesoramento a profesionais do sector polas distintas vías. Salientan a interpretación de resultados analíticos, as prospeccións de campo e as analíticas ampelográficas e de identificación de variedades.
9.- Un centro coas portas abertas ao sector
A EVEGA é un centro coas portas abertas ao sector. Durante este período 19 centros de toda a xeografía galega e 330 alumnos quixeron visitarnos para coñecer de preto o noso traballo e instalacións.
10.- A EVEGA nas redes: As novas ferramentas de traballo.
Un dos fitos fundamentais deste período foi a posta en marcha da páxina Web da EVEGA (https://evega.xunta.gal/), presentada o 26 de maio de 2015 no marco do Salón Vinis terrae en Ourense. Configúrase como unha ferramenta de difusión dos nosos servizos, de formación, de asesoramento e de traballo que nos achega, aínda máis, ao sector vitivinícola galego e potencia tanto cuantitativa coma cualitativamente os nosos servizos e actividades.
[1] Período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de maio de 2016