Albariño

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. No Catastro Vitícola de 1983 indícase o seu cultivo na provincia da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, e como autorizada na D.O. Monterrei. Tamén é contemplada para a elaboraciónde viños nas indicacións xeográficas Viño da Terra Barbanza e Iria e Val do Miño.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada precoz e maduración media; produción media-baixa; sensibilidade alta ao mildeu, media ao oídio e baixa á botrite. Produce viños de elevado potencial enolóxico, en xeral con graduación e acidez elevada, se ben dependendo da zona a graduación pode variar entre 8,6 e 14,2%, e a acidez entre 7,2 e 14,3g/L. Variedade moi terpénica, produce viños con aroma floral a rosas e a froitas coma mazá, pera, pexego; moi agradable, fresco é con certa aresta ácida.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade media. A cara dorsal dos entrenós e nós e a cara ventral dos nós son verde e vermella, mentres que a ventral dos entrenós é verde. As xemas teñen pigmentación antociánica basal de intensidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes dos lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos semiabertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de lonxitude curta, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media

O bago de cor verde amarela presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
132 150
218 228
237 237
165 165
185 203
245 249
169 169
121 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
132 150
218 228
237 237
165 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 203
245 249
169 169
121 150