Sinonimias
Morrastrel Bouschet, Negrón na comarca do Ribeiro (Ourense)
Antecedentes
Variedade introducida en Galicia despois da crise da filoxera, posiblemente en 1889 (Santos Solla,1992). García de los Salmones (1914) cítaa en Celanova (Ourense) e Huetz de Lemps (1967), na provincia de Pontevedra e nas terrazas do Sil, do Miño, comarca do Ribeiro, Valderoras e Monterrei na provincia de Ourense. No Catastro Vitícola de 1983 indícase como cultivada na provincia de Pontevedra e na de Ourense.
Situación Actual
É recoñecida como variedade autorizadana DO Valdeorras.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación temperá e maduración tardía, é pouco sensible ao oídio e á botrite, e moderadamente sensible ao mildeu. Produce viño con valores de graduación e acidez media de 10,5% e 3,8 g/L, respectivamente.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta, con peluxe tombada de densidade alta. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde e vermella. As xemas sen pigmentación antociánica.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais; perfilal abeado; limbo sen avultamento e con inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais da face do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes con lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seoslaterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos, coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio ten forma de embude ou cónico, longo, ancho, de compacidade solta e con presenza de 3 ou 4 ás. O pedúnculo é de lonxitude media
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.