Dende hai anos, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia leva a cabo unha serie de accións formativas mediante a realización de xornadas, cursos e talleres prácticos. Neste apartado poñeranse a disposición dos viticultores, adegueiros e estudantes todo o material formativo presentado nas mesmas, sempre con previa autorización dos autores.
Celebradas en Ourense o día 5 de xuño de 2018 no Centro Cultural Marcos Valcárcel en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).
Actuación española ante o cambio climático. Por Sergio Robredo Buces. Oficina Española para o Cambio Climático.
Impactos e estratexias de adaptación ao cambio climático. Por Vicente Sotés Ruíz. Universidade Politécnica de Madrid.
Potenciais impactos e medidas de adaptación ao cambio climático. Por Aureliano Malheiro. Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro.
Resultados do proxecto da Fundación Biodiversidade e Evega 1. Por Pilar Blanco Camba (Investigadora de Evega) e Emilia Díaz Losada (Tecnóloga de Viticultura de Evega)
Resultados do proxecto da Fundación Biodiversidade e Evega 2. Por Pilar Blanco Camba (Investigadora de Evega) e Emilia Díaz Losada (Tecnóloga de Viticultura de Evega)
Celebradas o 28 de abril de 2016 na Casa da Cultura de Ribadavia pola Evega en colaboración co CRDO Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da Calidade Diferencial (Ingacal).
Os viños doces naturais: viños botritizados, viños de vendima tardía. O Tostado do Ribeiro. Por Manuel Castro González. Enólogo da Cooperativa Viña Costeira.
Os viños xenerosos andaluces. Os viños doces de Pedro Ximénez e Moscatel. Novas tendencias. Por María Belén Puertas García. Doutora en Ciencias químicas. Rancho de la Merced (Xerez).
Os viños licorosos de Portugal. Os viños de Porto e Madeira. Novas tendencias. Por Francisco Manuel Morais Sarmiento. Doutor en Biotecnoloxía. Universidade Católica Portuguesa.
Celebradas o 17 de marzo de 2016 no Centro sociocultural de Sober (Lugo) pola Evega en colaboración con Concello de sober, o CRDO Ribeira Sacra e o Ingacal.
Cristina Codesido Fernández, Licenciada en Administración e Dirección de empresas. Xerenta de vermutería de Galicia, desenvolveu un relatorio no que deu a coñecer a produción de vermú e viños aromatizados en Galicia.
Julián Suberviola Ripa, Xefe de Sección de Fomento Vinícola do EVENA desenvolveu un relatorio no fixo unha análise polo miúdo da evolución do viño rosado.
Celebradas o 10 de decembro de 2015 nos salóns de Casal de Armán (Ribadavia) pola Asociación Galega de Enólogos en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
Jaime Martínez Baz, Xefe de dependencias de Aduanas e Impostos especiais na delegación ourensá da Axencia Tributaria, desenvolveu un relatorio no que deu a coñecer polo miúdo o réxime fiscal do viño e os seus derivados para poder levar axeitadamente o pago das taxas e libros da adega.
O sistema de control de movementos de impostos especiais
Impostos Especiais de Fabricación, novidades lexislativas
Exemplo Libro corto de xestión para adegas
Juan Cacho Palomar, catedrático emérito do Departamento de Química Analítica da Universidade de Zaragoza actualizou os coñecemento dos aromas máis característicos do viño e a súa influencia na cata cara a poder definir os limiares de percepción.
Celebradas o 18 de marzo de 2015 no Centro socio-cultural de Sober (Lugo) pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co Concello de Sober, o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).
Jose Antonio Fraiz Brea, profesor titular da área de comercialización e investigación de mercados da UVIGO, desenvolveu un relatorio no fixo unha análise polo miúdo do contorno competitivo no sector do viño así como deu claves para as estratexias axeitadas para a competitividade
Análise do contorno competitivo no sector do viño
María de la Cruz del río Rama, profesora titular da facultade de empresariais da UVIGO, falou do enoturismo coma realidade e potencialidade en Galicia.
Enoturismo. Unha alternativa estratéxica no sector do viño
Manuel Deza Palomar, xefe de departamento de deseño da empresa Coretti, fixo fincapé na importancia da embalaxe no marketing do viño e da creación dunha etiqueta axeitada a cada produto.
Importancia da embalaxe na venda do viño
Rafael del Rey Salgado, Director xeral da Fundación Observatorio Español do Mercado do Viño (OEMV) desenvolveu unha análise realista do mercado do viño tanto a nivel nacional coma as potencialidades de internacionalización.
Celebradas o 29 de abril de 2015 na Casa da cultura de Ribadavia (Ourense) pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co CRDO Ribeiro e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).
Emilia Díaz Losada, Tecnóloga da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, desenvolveu un relatorio no que fixo unha análise polo miúdo da potencialidade das castes autóctonas galegas para elaborar viños de garda.
Juana Martínez García, investigadora do Centro de Investigación e Desarrollo Agrario da Rioxa, falou das distintas especies de carballo e outras madeiras para a elaboración de viños de garda, facendo fincapé nas súas características aromáticas.
Roble y otras maderas en la crianza
Ernesto Franco Aladrén, Investigador do centro de Transferencia Agroalimentario do Goberno de Aragón, desenvolveu as diferenzas entre os viños criados en barrica e aqueloutros nos que se utilizaron chips de madeira. Asemade presentou datos de estudos feitos no marco do GETEVE.
Alternativas al uso de Barricas
Pablo Vila Lameiro, profesor do Departamento de Enxeñería agroforestal da USC, explicou as experiencias desenvolvidas no seu departamento con carballo galego para garda de viños.
Experiencias con carballo galego
Alfonso Losada Quiroga (xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e Ignacio Orriols Fernández (Ex-director da EVEGA e doutor en Ciencias Químicas), presentaron datos de distintas experiencias desenvolvidas na EVEGA sobre garda de viños con distintas especiaes de carballo.
Uso de madeiras para crianza
Elaboración de viños con distintos tipos de carballo