Jornadas

Xornadas técnicas: Estratexias e control do mildio na vide
Fecha: 6 de abril de 2017
Lugar: Centro Sociocultural de Sober | Sober – Lugo
Entidades colaboradoras: EVEGA, INGACAL, Concello de Sober e CRDO Ribeira Sacra
Fecha límite de inscrición: 5 de abril de 2016
Objetivos: Establecer un foro no que valoren e discutan as alternativas de control para o mildio, concienciar ao viticultor sobre o uso axeitado de produtos químicos para evitar a xeración de resistencias que dificulten o seu control. Presentación de innovacións que permitan minimizar os efectos do mildio mediante o uso de alternativas aos produtos químicos.
Xornadas técnicas: Xestión de pragas e enfermidades no viñedo (I)
Fecha: 27 de abril de 2017
Lugar: Casa da Cultura de Ribadavia (Avda. de Redondela) | Ribadavia – Ourense
Entidades colaboradoras: EVEGA, INGACAL, Asociación Galega de Enólogos e CRDO Ribeiro
Fecha límite de inscrición: 26 de abril de 2017
Objetivos: A divulgación cientifíca e técnica sobre o manexo integrado e ecolóxico de pragas e enfermidades no cultivo da viña. Ademais, o sector poñerase ao día nas novas ferramentas tecnolóxicas que se aplican na sanidade vexetal.
TALLER PRÁCTICO: Formación de expertos en análise sensoarial. Novas tendencias nos viños galegos
Fecha: 21 de abril de 2017
Lugar: Edificio multiusos – sala anexa | Arbo – Pontevedra
Entidades colaboradoras: Concello de Arbo, Asociación Galega de Enólogos(AGE) e INGACAL
Objetivos: Coñecer os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de olores e sabores básicos e a realización de probas específicas. Así mesmo, aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada substancia en valoración. O taller rematará coa cata e identificación dun viño branco e un tinto de cada unha das cinco denominacións de orixe de viños de Galicia.
Xornadas Técnicas – Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións
Fecha: 15 de maio de 2017
Lugar: Edificio multiusos – salón de actos | Arbo – Pontevedra
Entidades colaboradoras: Concello de Arbo e INGACAL
Objetivos: Facilitar o intercambio de información e coñecer so avances neste tipo de elaboracións.
I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA
Fecha: 6 de xuño de 2017
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel | Rúa Progreso 30 – Ourense
Entidades colaboradoras: Consellería do Medio Rural, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Ourense, INGACAL e Fundación Juana de Vega
Objetivos: Transferencia de coñecementos e información entre os grupos de investigación en viticultura existentes en Galicia e Norte de Portugal. Marcar as pautas para futuros proxectos para o desenvolvemento da viticultura na Eurorrexión. Crear sinerxias entre os grupos existentes.