Antecedentes
García de los Salmones (1914) cita a presenza de exemplares coa mesma denominación na provincia de Pontevedra e nas localidades de Entrimo e Gomesende na provincia de Ourense. No Rexistro Vitícola de 1983 aparece como cultivada nas provincias da Coruña, Lugo e nas DD.OO. do Ribeiro e Valdeorras na provincia de Ourense.
Situación Actual
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta, glabra e sen pigmentación. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella, mentres que a cara ventral do entrenó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica que alcanza as ¾ partes da brácteae de intensidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; con presenza de pelos ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude longa en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de U; o pecíolo é lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, longo, ancho e compacto e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.