Sinonimias
Pedrol
Antecedentes
Freijanes et al. (1993) cítana como cultivada na zona atlántica da rexión galega, concretamente na comarca do Condadodo Tea.
Situación Actual
Localizáronse cepas centenarias formando parte de viñedos plurivarietais do Ribeiro, e tamén no Condado e Baixa Limia.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación media e maduración tardía, presenta sensibilidade moderada ao oídio eao mildeu e baixa sensibilidade a botrite ilidade á botrite.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica basal de intensidademoi débil.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de U; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V ou de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude media.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica a elíptica curta.