Sinonimias
			
												
			Petit Bouschet (Francia)
			
		
		
		
		
					Descrición morfolóxica
			
												
			O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e con pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal dos entrenós e nós é vermella, mentres que a ventral é verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica que alcanzaas ¾ partes da bráctea e de intensidade forte.
 
			
			
			
												
			A folla adulta de cor verde escura presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto coa base en forma de chave ou V; seos laterais superiores abertos, coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
 
			
			
												
			O acio é cónico, ancho, de lonxitude e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude longa.
 
			
			
												
			O bago de cor azul negra presenta forma esférica.