Antecedentes
No Catastro Vitícola de 1983 cítase como cultivadanas provincias da Coruña e Lugo e nas DD.OO. Ribeiro e Valdeorras.
Situación Actual
Non se contempla no Rexistro Vitícola nin nos regulamentos das DD.OO. para a elaboración de viños.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica na bráctea.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados e densidade baixa de pelos ergueitos sobre os nerviosprincipais; perfil alabeado; limbo con inchazón débil; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar e seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave. Pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, longo, ancho, de compacidade media a solta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é longo.
O bago de cor verde amarela presenta forma esferica ou elíptica curta.