Antecedentes
Non foi citado o seu cultivo por García de los Salmones (1914) e tampouco está considerada no Catastro Vitícola de 1983.
Situación Actual
Cultivada en escasas parcelas plurivarietais da DO Ribeiro. As análises moleculares e ampelográficas mostran que non se trata da variante tinta de Moscatel de Bago Miúdo (tamén denominado Moscatel Galego).
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de maduración temperá, con gran tendencia á sobremaduración. Estudos realizados en EVEGA mostran a produción de viños con graduacións arredor do 12,9% e valores de acidez arredor do 7,2 g/L.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade abertacon peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal do entrenó é verde e vermella, mentres a ventral do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil en forma de V; limbo con inchazón débil; dentes rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais con lóbulos pouco abertos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, compacto, de lonxitude e anchura media e con presenza de 1 ou 2 ás. Opedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor vermella violeta escura presenta forma elíptica curta.