CURSO DE FORMACIÓN: VITICULTURA. TÉCNICAS DE CULTIVO

PRAZAS ESGOTADAS

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza, entre o 21 e o 31 de agosto de 2023 así como do 6 ao 8 de novembro, un curso sobre “TÉCNICAS DE CULTIVO”. Esta actividade desenvolverase, en quenda de tarde, nas súas instalacións de Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, situada en Ponte San Clodio s/n, (Leiro – Ourense). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 20. Os interesados deberán preinscribirse na actividade, antes do día 15 de agosto, a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas

A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.